ACNH

ASOCIACIÓN COMPOSTELANA DE NIÑ@S HIPERACTIVOS

  • Outubro o mes do TDAH

O 26 de outubro é o día nacional do TDAH. É unha ocasión para crear conciencia de que as persoas con  TDAH encaixamos na sociedade de igual maneira que os demais. Sobre todo os nenos e nenas en idade escolar necesitan especial atención xa que están en pleno proceso de desenvolvemento e o que aprendan ou deixen de aprender marcáseos para sempre, por iso necesitamos da comprensión e o apoio dos profesores e familiares, para lograr unha verdadeira inclusión.