Asociación Compostelana de Niños y Niñas Hiperactivos

 


Bienvido a nosa páxina web

Romero Donallo 34 - Entreplanta A

15706 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Teléfono: +34 981 525 007 






Horario


Mañás: 10:00 a 13:00,

Tardes: 16:00 a 20:00 de luns a venres

Esta asociación está formada tanto por pais e nais de fillos/as diagnosticados con Síndrome de Déficit de Atención, con ou sen Hiperactividade, como por  adultos que sofren este trastorno.

O descoñecemento do trastorno, a inadecuada ou errónea información e o uso indiscriminado do térmo hiperactivo impiden a detección e o tratamento dun trastorno que, aínda que frecuente na infancia, pode ter graves consecuencias co tempo si non se intervén adecuada e precozmente.

Na nosa web atoparás unha información xeral, sinxela das características e dificultades coas que se enfrontan os afectados.

A información e formación de tódalas persoas que rodean ao neno/a, adolescente ou adulto afectado por TDAH é de vital importancia. Só si coñecemos e entendemos o trastorno, poderemos axudar a mellorar a calidade de vida dos que viven e conviven con tdah.

As actividades que levamos a cabo realízanse en gran medida grazas á colaboración dos nosos patrocinadores aos que habemos de recoñecer o seu apoio e soporte.



A Asociación está integrada, como asociación de TDAH, na Federación Española de Asociacións de Axuda ao Déficit de Atención e Hiperactividade (f.e.a.a.D.A.H.) e en Federación Galega de Déficit de Atención e Hiperactividade de Galicia (Fegadah). 

Esperamos que atopes o que buscas, senon é así, contacta connosco no Teléfono 981525007